O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios desenvolve actividades formativas destinadas á formación, á presentación de metodoloxías, perspectivas e propostas de investigación nas dúas universidades que o integran. Véxase a planificación completa das actividades formativas e dos mecanismos de control aquí ou no anexo.
Cada ano ofrécese ao alumnado de nova incorporación na UVIGO un curso de formación en investigación literaria co título “Información científica: acceso, xestión, avaliación e publicación”, organizado en colaboración co Servizo de Referencia da Biblioteca (Biblioteca Central da UVigo) e a través da plataforma de teledocencia Faitic (UVigo). Este curso élle ofrecido ao alumnado, de forma automática e gratuíta, a través da súa Secretaría Virtual e consta de 30 horas de formación en investigación. A CAPD avalíao (se se acredita o seguimento, as prácticas e o aproveitamento) cada ano como un dos méritos requiridos na memoria. O seu seguimento non é obrigatorio, senón moi recomendable, polo que a maior parte do alumnado o realiza.
En calquera caso, as 20 horas de formación obrigatorias ao longo do primeiro ano de doutoramento, requeridas na memoria, poden cubrirse e acreditarse coa realización doutros cursos formativos.
En 2014 organizouse o I Coloquio Internacional Estudos Literarios, un evento internacional que permitiu a participación e asistencia de todo o alumnado do PD e propiciou que boa parte deste contribuíse cunha comunicación de carácter científico. A meirande parte das contribucións do alumnado foron publicados, após o correspondente proceso de peer reviewing, no volume XVIII-2 (2015) da revista Hesperia – Anuario de Filología Hispánica. Este Coloquio tivo unha segunda edición en novembro de 2017, no II Coloquio Internacional de Estudos Literarios, dispoñible en formato audiovisual na Uvigo.tv através desta ligazón. Está previsto que a súa terceira edición se realice na UDC en 2018.
A partir do curso 2017-2018, ofrecerase na UVIGO un curso facultativo de 20 horas sobre «Formación específica en investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios». Esta actividade proporcionará unha formación avanzada que permita ao alumnado profundar na metodoloxía de construción de traballos de investigación no ámbito dos estudos literarios. Enfócase á elaboración dunha publicación académica, establecida como obrigatoria na memoria do título. Esta actividade complementa o curso “Información científica: acceso, xestión, avaliación e publicación”, ofrecido como formación obrigatoria. O curso diríxese explicitamente ás dúas liñas de investigación do PDIEL.
En calquera caso, a publicación dun artigo científico até o terceiro ano do doutoramento, requerida na memoria, pode cubrirse e acreditarse coa publicación noutras revistas ou libros de recoñecido carácter académico.
Por outra banda, ao longo destes anos desenvolvéronse en ambas universidades numerosos ciclos, seminarios e conferencias, organizados no marco de proxectos ou de actividades dos grupos de investigación integrados polo PDI do programa de doutoramento.
Invítase ao alumnado do PDIEL a participar en todos estes eventos. Se se acredita o seguimento, e a CAPD avaliaraos cada ano como méritos no contexto do informe anual de cada doutoranda/o, requirido na memoria.
Para ver exemplos das actividades complementarias realizadas na UDC e na UVIGO nos anos 2013-2016, véxanse os anexos correspondentes.