Bolsa Santander de Investigación

Infórmase da publicación da convocatoria dunha bolsa Santander Investigación destinada a estudantes de terceiro ciclo para realizar unha estadía en centros de investigación ou universidades en América Latina. Para consultar a convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/461 Dotación da bolsa: ata 5000 euros brutos Prazo de presentación de solicitudes: 28 de febreiro de 2020 Importante: realizar a inscrición na plataforma…

Bolsas de mobilidade para alumnado dos programas de doutoramento na UVigo

2ª edición da convocatoria de bolsas de mobilidade para alumnado dos programas de doutoramento na UVigo.

A convocatoria está aberta a tódolos estudantes de doutoramento de calquera programa, sempre que non acadaran axuda na primeira convocatoria.

A resolución destas bolsas farase directamente en base ao expediente académico das e dos solicitantes.

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/410

Bolsas predoutorais Xunta

Con data 6 de febreiro de 2018 publícase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema Universitario de Galicia para o exercicio 2018. As bases da convocatoria e o procedemento para a presentación de candidaturas poden ser consultadas na sección de Investigación da páxina web da Universidade…

Bolsas de mobilidade 2017 na UVIGO

Resolución Reitoral de 25 de maio de 2017, pola que se publica a listaxe PROVISIONAL do alumnado admitido e excluídos das bolsas de Mobilidade de para o Estudantado de Doutoramento, da Universidade de Vigo en programas adaptados ao espazo europeo de educación superior para o ano 2017. O  prazo  de alegacións remata o 2 de…