Cursos de formación PDIEL-UVigo 2024-2025

O PDIEL oferta, no curso 2024-2025, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada. Do 16 ata o 23 de outubro, o alumnado da UVigo matricularase a través da Secretaría Virtual de estudantes, no apartado de «Solicitudes de Actividades», no bloque «Doutoramento RD.99/2011″. O alumnado da UDC que desexa inscribirse, terá…

Encontro de Investigación na FFT-UVigo

O grupo de investigación BiFeGa e varias/os doutorandas/os organizan en breve un Encontro de Investigación na FFT-UVigo, ao longo dos días 14-15 de outubro de 2024. Convidamos a todo o alumnado do PDIEL a participar e ofrecemos a quen teña de deslocarse dende fóra de Vigo unha eventual axuda de custo e aloxamento (neste caso,…

Seminario de investigación na UDC: Xoán González-Millán e os estudos socioculturais galegos

Seminario de investigación: Xoán González-Millán e os estudos socioculturais galegos (coordenado por Isaac Lourido) Participan: María Liñeira e Pablo Pesado 11 de abril de 2024, 16:00- 19-30 (Sala Carvalho Calero), Facultade de Filoloxía, Universidade da Coruña. Poderá ser seguido tamén vía Teams. No caso do estudantado de doutoramento, a asistencia a estas sesións será certificada como actividade…

Curso de formación específica para investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios

No contexto do PD Estudos Literarios ofrécese, na UDC, un Curso de formación específica para investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios (15 horas) organizado polo Programa de Doutoramento Interuniversitario de Estudos Literarios-UDC. Este curso, dirixido especificamente a alumnado dos programas de doutoramento (ver programa en anexo), desenvolverase entre marzo-maio de 2024. A asistencia a todo ou a…

Cursos de formación do PDIEL na UVigo

O PDIEL oferece, no curso 2023-2024, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada:   ACTDOC.00198 — Formación específica na investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios (Profesor Antonio Chas Aguión). Asistencia presencial. Realizarase unha primeira sesión presencial o 11 de xaneiro de 2024, ás 16h00, na sala B59 da…

Cursos de formación na UVigo – 2022-2023

O PDIEL oferece, no curso 2022-2023, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada:   ACTDOC.00198 — Formación específica en investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios (Profesor Antonio Chas Aguión). Primeira sesión: mércores, 14 de decembro ás 16,30h na sala B59 (Pavillón B da Facultade de Filoloxía e…