A Biblioteca da UVigo informa que entre o 12 e o 16 de decembro terá lugar o II Ciclo de Formación en liña de Scopus 2022 organizado por FECYT en colaboración con Elsevier. As xornadas son gratuitas e en español.
Xa está aberto o prazo de inscrición, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.
A formación estrutúrase en dez sesión distintas e independentes entre sí, que revisarán varios aspectos:
- Introdución a Scopus.
- Scopus: búsqueda por materia.
- Scopus: perfil de autor e institucións.
- Scopus: métricas.
- Scopus: Cite Score.
- Scopus: sources e comparación de revistas.
- Scopus: busca avanzada.
- Scopus: traballando cos resultados.
- Máis alá de Scopus: aproveitando os recursos de Scopus.
- Scopus: Pregunta & Respuesta-LibGuide: onde se resolverán as dudas que xurdiran durante as sesións anteriores.
Poden atopar a convocatoria completa e facer a inscrición na seguinte ligazón: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-formaci%C3%B3n-online-scopus-12-16-de-diciembre-de-2022
As formacións celebraranse a través da ferramenta GoToWebinar e poderán seguirse no PC ou no móbil instalando a aplicación gratuíta GotoMeeting.
Días despois das xornadas de formación, os asistentes recibirán unha enquisa de satisfacción e un certificado de asistencia que conterá todas as sesións ás que se asistiu e onde respondera 100% das cuestións expostas pola formadora durante a sesión en directo.
Para calquera dúbida, por favor diríxase a:
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal