Na vindeira semana terá lugar o III Encontro BiFeGa «Entallar a palabra: Literatura, cultura e tradución» cun seminario aberto e diversas mesas de traballo moderadas por diferentes doutorandxs dos programas de doutoramento Estudos Literarios e Estudos Ingleses Avanzados da UVigo.
Trátase dunha conversa aberta sobre diferentes traballos/proxectos de investigación en curso, mais tamén será de moito interese de cara a un intercambio colectivo sobre a carreira investigadora en xeral.
Este III Encontro terá lugar de modo presencial na sala C11 (días 14 e 15) e C12 (día 16) da FFT-UVigo e de modo virtual a través da Sala BiFeGa do Campus Remoto, entrando como estudantado coa chave: UAdqrn7W
https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/9862509602
O programa do Encontro atópase no anexo.Programa III Coloquio Investigación BiFeGa