Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Moncho Iglesias Míguez
Titulo:
A narrativa persoal: a memoria e a tradición oral palestina traducida ao galego
Directora:
Camiño Noia Campos
Liña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura Medieval
Resumo:
Este traballo está enfocado a presentar o mundo dos contos tradicionais en Palestina e a súa tradución do árabe ao galego. A catalogación deste corpus de corenta contos, recollidos e traducidos por min mesmo, serve para comparar a tradición oral palestina coa galega e tamén coa que rodea a esta; é dicir, a das outras tradicións existentes na Península Ibérica. A partir deste estudo comparado, a tese aborda as coincidencias e as diferenzas entre as tradicións orais, e como estas foron transmitidas de xeración en xeración, adaptadas ás culturas que as acolleron.