Ánxela Lema ParísTitulo:
Heteronormatividade e construción do suxeito poético na poesía galega contemporáneaDirectora:
Profa. Dra. Carme Fernández Pérez-Sanjulián (UDC) e Marta Segarra MontanerLiña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
O presente traballo consiste na análise da recepción crítica da poesía galega de principios deste século co obxectivo principal de demostrar como o imaxinario colectivo, construído de maneira heteronormativa, afecta e limita o proceso de lectura dos textos de corte amoroso e/ou erótico. A través do coñecemento de como este tipo de obras foron recibidas, estudaranse cales son os factores que determinan que textos con características comunicativas semellantes sexan unhas veces marcados como homoeróticos e, outras, directamente non marcados como sinónimo da heteronormatividade que se lles presupón. Nesta liña, atenderase a como a figura autorial, o papel político e social que esta desenvolve, así como a súa orientación sexual ou o carácter masculinista da lingua inflúen, de maneira inconsciente, en como as voces poéticas son interpretadas polo público lector e pola crítica. Falamos, por tanto, dun novo tipo de biografismo que actúa sexualizando as voces en relación ao sistema sexo-xénero do corpo que as produce e asumindo a heteronormatividade dun texto se este non se marcar abertamente doutra maneira. Así, e coa finalidade de evidenciar todo o anterior, achegaranse as lecturas outras que se encontran nos textos se deixarmos de lado, dunha banda, a concepción do amor e/ou o sexo como homoxénea, constante e inalterable; e, doutra, o efecto sexualizador que o corpo empírico exerce sobre as voces poéticas que constrúe coa finalidade de evidenciar que existe unha poesía galega lesbiana e gai que se está a silenciar.Entrada no programa:
Data da defesa: 2020
2014-2015Palabras clave:
Literatura galega, poesía galega, heteronormatividade, suxeito poético, figura autorial, recepción literariaTraducción:
English