José Manuel Breijo Vidal (UVIGO)Titulo:
O teatro de obxectos en Galicia entre 1970 e 2010: estudo do proceso de emerxencia e desenvolvemento dun xénero escénico no sistema teatral galegoDirector:
Carmen Becerra Suárez e Manuel Francisco Vieites GarcíaLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
O uso de monicreques e outros obxectos como elementos de significación, en moitos casos substitutos do actor e da actriz, está presente na inmensa maioría das culturas. Na tradición escénica occidental os bonecos, e outros obxectos animados, forman parte do patrimonio cultural de todos os países europeos. En Galicia, Don Ramón María del Valle- Inclán, pon en boca de “Don Estrafalario” unha referencia ás representacións de títeres que tiñan lugar nas “ferias de Santiago el Verde, en la ria portuguesa”. Aí temos unha referencia literaria á unha tradición escénica.Entrada no programa:
A finais dos anos setenta aparece un movemento denominado teatro de “obxectos” que se foi desenvolvendo ata gañar unha considerable diversidade e riqueza.
Trátase dun campo apenas estudado, polo que os obxectivos desta investigación serían: (1) elaborar unha xenealoxía do teatro de obxectos en Galicia, (2) analizar o desenvolvemento do teatro de obxectos en Galicia entre 1970 e 2010, (3) analizar e sistematizar a traxectoria das compañías de teatro de obxectos no período sinalado, (4) definir os diferentes tipos de monicreques, títeres e obxectos, as técnicas de construción e as diferentes técnicas de manipulación que empregan as compañías, (5) analizar os repertorios editados das compañías na súa dimensión escénica e literaria.
Data de Defensa: 11/02/2021
Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/1836
2017-2018Palabras clave:
Teatro de obxectos, monicreques, marionetas, títeres, GaliciaTraducción:
English