Henrique Salvador Estévez Hernández (UVIGO)Titulo:
Simbolismo, prensa e literatura dos cantos de voda improvisados en Galiza no 1º terzo do século XX (1900-1936). Estudo comparativo e antoloxía críticaDirector:
Anxo Angueira ViturroLiña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
Neste traballo faremos un percorrido pola simboloxía e a pegada cultural dos cantos de voda improvisados en Galiza durante o primeiro terzo do século XX, ámbito de investigación totalmente inédito na historiografía literaria e cultural galega, para, deste xeito, comprobar a evolución destas dúas tradicións poéticas, a súa iconografía, as súas diferenzas e as posibles implicacións socio/culturais na sociedade da época. Na primeira parte do traballo elaboraremos unha introdución en que realizaremos un pequeno estudo sobre o estado da cuestión das referencias a estas artes poéticas orais no intervalo temporal escollido (1900-1936). A seguir faremos unha breve aproximación antropolóxica e sociolóxica a partir das posibles orixes dos cantos nupciais e presentamos un estudo comparativo entre as dúas tradicións que chegaron ata os nosos días, a regueifa e o brindo. Finalmente, dende a óptica da análise do discurso, debullaremos os textos en que aparecen reflectidas estas manifestacións nesta etapa, dende a prensa até as obras literarias, e realizaremos unha descrición do xénero centrándonos en aspectos temáticos, literarios e lingüísticos.Entrada no programa:
2017-2018Palabras clave:
Regueifa, brindo, improvisación poética, oralidade, tradición oral