Convocatoria de bolsas de colaboración (Fundación Universidade de Vigo)
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas de colaboración para o apoio en labores de comunicación e difusión de actividades (Fundación Universidade de Vigo). Pódese consultar a información na súa páxina web.
Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia (UVigo.tv)
Están xa dispoñibles na UVigo.tv as conferencias dos profesores Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho (USP), proferidas no marco do Seminario de posgrao “Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia” (FFT, 21 de maio de 2018).
http://tv.uvigo.es/gl/serial/3355.html
Matrícula de doutoramento (2018-19)
Xa está dispoñible na web da Universidade de Vigo a información sobre o proceso de matrícula nos estudos de doutoramento para o vindeiro curso (2018-19) Nela atópanse guías (en galego e en castelán) e o calendario de preinscrición e matrícula. Pódese acceder desde esta ligazón: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/matricula-doutoramento
Convocatoria de bolsas no Centro Ramón Piñeiro
Por se for de interese para o alumnado, infórmase da publicación no DOG da convocatoria de bolsas no CRPIH (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades). Pódese acceder a esta na seguinte ligazón:
https://www.cirp.es/w3/convocatorias/bolsas2018.html
Seminario ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’
O luns 21 de maio de 2018 desenvolverase o Seminario de formación de posgrao ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’, na sala de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. A actividade abranxe as conferencias dos profesores da Universidade de São Paulo Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho, investigadores especializados en estudos queer, africanidades…
Bolsas de investigación Santander na UVIGO
Ampliouse o prazo de presentación de solicitudes da bolsa Santander Investigación ata o 11 de maio de 2018. As bases poden consultarse en:
A bolsa está dotada con 5.000 euros dos que se desconta o importe do seguro.
Anuncio de defensa de tese de doutoramento
O luns, día 7 de maio de 2018, ás 16.00, o doutorando Pablo Rodríguez Fernández defenderá na Sala de Xuntas de UVigo Tv (Edificio Miralles, UVigo) defenderá a tese de doutoramento titulada: Don Juan en la Literatura y en la Música. Aportaciones de la música para piano del Romanticismo a la significación del mito literario Comunícase…
Convocatoria de bolsas de mobilidade (UVigo)
Está publicada a convocatoria de Bolsas de Mobilidade correspondente ao curso académico 2017-2018, cuxas bases poden consultarse na seguinte ligazón:
Este programa de doutoramento ofrece neste curso oito bolsas de mobilidade, cunha dotación de 250 euros cada unha.
Animamos ao alumnado a que participe desta convocatoria.
Bolsas de Mobilidade UVigo 2017-2018
Resolución reitoral de 25 de abril do 2018 pola que se convocan bolsas de Mobilidade para o alumnado de programas de Doutoramento da Universidade de Vigo de para o curso 2017/2018
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de maio
Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/