Convocatoria estadías José Castillejo

O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades  vén de publicar a convocatoria de axudas para estadías José Castillejo para xóvenos doutoras/es que permanecerá aberta entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2025 ás 14.00 horas que pode ser consultada na seguinte ligazón:

https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2024/JoseCastillejo2024.html

 

Convocatoria bolsas Erasmus+ KA131 na UVIGO

Publicouse na UVIGO a convocatoria de bolsas Erasmus+ KA131 destinadas ao estudantado de doutoramento que desexe realizar unha mobilidade internacional no curso 2024-25. Está aberto un primeiro prazo de solicitudes para o estudantado que inicie a estadía en 2024. Abrirase un segundo prazo en setembro para as mobilidades que se inicien a partir de xaneiro…

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

No día de hoxe publicouse no DOG a Orde de 6 de xullo de 2023  conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación pola que se establecen as bases para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación…

Bolsas de mobilidade Erasmus para doutoramento na UVIGO

Convocatoria de Bolsas de Mobilidade Erasmus, para o estudiantado de doutoramento na UVIGO. A finalidade deste programa é a de promover a mobilidade internacional do estudantado de doutoramento no marco do programa Erasmus, e a convocatoria de prazas Erasmus  permite dous tipos de estadías: estadías de curta duración (entre  5 e 30 días) e de…

Presentación doutoramentos industriais UVIGO

A Xunta de  Galicia acaba de aprobar a convocatoria do Programa de Doutoramentos Industriais correspondente ao ano 2023, prevista a súa publicación no DOG as vindeiras semanas. O programa financia o desenvolvemento de teses de doutoramento nun entorno empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de…

Convocatoria bolsas FPU 2023

O Ministerio de Universidades vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes das axudas para a formación de profesorado universitario correspondente ao ano 2022, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (PEICTI) 2021-2023.  As solicitudes deben ser presentadas polas persoas físicas interesadas que cumpran os requisitos…