Tod@s @s doutorand@s de novo ingreso (2017-2018) terán que entregar na Secretaría de Alumnado da FFT este formulario, asinado por titoras/es e directoras/es, idealmente antes de decembro do 2017.
Neste momento xa están asignad@s @s titoras/es para a matrícula 2017-2018 e a asignación oficial de directoras/es tamén se fará en breve.
Como o PDIEL recomenda que as persoas titora e directora sexan sempre a mesma persoa, o alumnado de novo ingreso xa pode ir poñéndose en contacto cos seus titores/as (que previsibelmente serán @s futuras directoras/es) para que lles vaian asinando o formulario mencionado.
A asinatura deste formulario non impide que se fagan modificacións no futuro, sexan incorporacións de codireccións ou cambios de dirección. Con todo, conviría que a figura d@ titor/a se mantivese.