O PDIEL oferece, no curso 2023-2024, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada:
ACTDOC.00198 — Formación específica na investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios (Profesor Antonio Chas Aguión). Asistencia presencial.
Realizarase unha primeira sesión presencial o 11 de xaneiro de 2024, ás 16h00, na sala B59 da FFT, na cal se fixará o calendario do curso.
Contacto do profesor: achas@uvigo.es.
ACTDOC.00338 — Hemeneútica da literatura e da tradución — teoría e práctica (Profesor Burghard Baltrusch). Asistencia presencial ou virtual.
Realizarase una primeira sesión presencial/virtual o martes, 19 de decembro, ás 16h30, na sala A48 da FFT. A asistencia a esta primeira sesión tamén pode ser via https://campusremotouvigo.gal/public/164779266 (suxeito a contacto previo co profesor a través de burg@uvigo.gal).
As seguintes sesións serán acordadas segundo a disponibilidade do alumnado. Para o alumnado da UDC existe a posibilidade de asistencia virtual ás diferentes sesións.
Contacto do profesor: burg@uvigo.gal.
Matrícula: O alumnado da UVigo pode realizar a preinscrición a través da súa Secretaría Virtual. O alumnado da UDC pode preinscribirse enviando os seus datos (nome e apelidos, DNI, correo-e) a seccion.doutoramento@uvigo.es.