A Xunta de Galicia acaba de aprobar a convocatoria do Programa de Doutoramentos Industriais correspondente ao ano 2023, prevista a súa publicación no DOG as vindeiras semanas.
O programa financia o desenvolvemento de teses de doutoramento nun entorno empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnología (solicitante), e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG) por un periodo máximo de 3 anos.
O próximo 28 de xuño, as 12:00 h, a Axencia Galega de Innovación fará unha presentación da convocatoria detallando o seu alcance e requisitos de participación, seguida dun turno de preguntas, na Sala Manolo Ramos do Edificio Ernestina Otero (Campus de Vigo), e estará aberta a empresas, centros tecnolóxicos, centros de investigación, programas de doutoramento, PDI e estudantado. Tamén se poderá asistir de manera virtual a través da Sala 9 (Reitoría, Vice. Investigación) do Campus Remoto (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999790649, contrasinal estudantado: 5tVG7M).
Grabarase a presentación e poráse a disposición dos interesados a través da web da Uvigo. Non é necesaria a inscripción previa en ninguna das modalidades.