III Encontro de Investigación BiFeGa
No día 30 de novembro de 2020, terá lugar a visita virtual da Comisión de Avaliación da ACSUG para a renovación da acreditación do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo. Alén da Comisión Académica do programa, participarán estudantes e doutoras/es egresadas/os, xunto con representantes institucionais e PAS da UVIGO.
Facilítase tamén un prazo de audiencia pública por correo electrónico, desde o 30/11/2020 até ao 05/12/2020, para que as persoas interesadas poidan dirixirse á Comisión de Avaliación, sempre e cando a persoa remitente se identifique debidamente (nome completo, perfil, titulación sobre a que quere expor un comentario). O enderezo é audiencia.publica@acsug.es.
Entradas Relacionadas