Fátima Codeseda TroncosoTitulo:
Álvaro de Luna e a corte de Juan II na poesía decimonónica. Estudo e edición.Directora:
Montserrat Ribao PereiraLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
Álvaro de Luna, condestable do rei Juan II de Castela, é ó segundo personaxe histórico con maior presenza no romanceiro, só superado polo Cid. Representante dunha corte na que conviviron os máis importantes poetas do seu tempo e na que se recompilou o Cancioneiro máis antigo de poesía castelá, Luna encarna tamén, para os escritores decimonónicos, ó cortesán ambicioso que exerce o seu poder nun tempo convulso, imaxe do propio XIX. A súa presenza, durante ese século, en romances e lendas en verso, paralela á que se corrobora en contos, novelas, ensaios e teatro, conforma un corpus de textos de especial relevancia que ata agora non se estudou nin editou nunca conxuntamente.Entrada no programa:
Polo tanto, o obxectivo da Tese é recompilar, estudar, analizar e editar os textos poéticos decimonónicos que se ocupan de don Álvaro de Luna e o seu contexto cortesán. Así, todo o traballo xirará arredor do corpus de textos recadados en diferentes buscas: poesía narrativa decimonónica, de nova composición, que aborde a figura do condestable de Juan II de Castela, don Álvaro de Luna. Este personaxe interesa ós eruditos do XIX e figura en multitude de romances, letriñas populares, composicións de xénero mixto e mesmo charadas. Con todo, o molde máis utilizado é o romance de tipo histórico, do que só se estudou, no que ó obxecto de estude desta Tese se refire, Don Álvaro de Luna de Ángel Saavedra, Duque de Rivas.
Así mesmo, durante o século XIX, moitos dos textos do corpus probablemente sexan obxecto de reescritura ou reformulación en moldes de diferente índole, como podo ser a teatral ou o prosístico. Do mesmo xeito, estes textos poden ter a súa orixe en obras doutros xéneros, polo que será importante volvela mirada a elas.
2016-2017Palabras clave:
Álvaro de Luna, poesía século XIX