Jorge Fernández TaboadaTitulo:
Poética da música extrema galega: Death Metal e Grindcore (1990-1998).Directora:
Carmen Luna SellesLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
Esta investigación englobará aspectos literarios, sociolóxicos, históricos e musicais propios da escena extrema galega de principios da década dos 90 co obxectivo de reconstruír, analizar, reivindicar e valorar un movemento artístico cuxa incidencia na nosa comunidade permanece inédita e urxentemente necesitada dun estudo e análise en profundidade. En primeiro lugar abordaremos o tema dende unha perspectiva histórica co obxectivo de xerar unha correcta contextualización, para o que é necesario a catalogación das bandas galegas xurdidas durante o período de estudo do proxecto. En segundo lugar examinaremos as orixes e evolución do movemento extremo e determinaremos as súas características xerais para observar como estas foron adaptadas polos músicos galegos. A recompilación de grabacións e da máxima cantidade de material lírico será imprescindible para o progreso da investigación.Entrada no programa:
Dende un punto de vista sociolóxico estudarase como o carácter alternativo e underground da arte extrema atraerá a atención dun inquedo sector de mozos galegos en busca de experiencias artísticas máis fortes e intensas. Esta nova forma de expresión entenderase non como unha mera diversión, senón coma un estilo de vida que cambiará con claridade o xeito de ver a sociedade e de relacionarse con ela. É preciso ademais observar a situación política do momento e comprobar como influíu no desenrolo deste tipo de correntes underground, determinando si se produxeron distintos graos de desenvolvemento entre provincias. Para rematar, estudaremos a poesía subxacente nas letras das diversas formacións, analizando os núcleos temáticos de referencia, as métricas, as figuras literarias empregadas e os idiomas elixidos. Atenderase especialmente aos valores e ideais propios do xénero transmitidos por estas, as cales revelan un tipo de ideoloxía claramente antagónica ós convencionalismos do pensamento maioritario.
2016-2017Palabras clave:
Música extrema galega, Death Metal, Grindcore