Pablo Rodríguez FernándezTitulo:
Don Juan na Literatura e na Música: aportación da música para piano do Romanticismo á significación do mito literarioDirector:
Carmen Becerra Suárez (UVIGO)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
O personaxe do burlador Don Juan Tenorio, do que se atribúe a creación a Tirso de Molina cara a 1630, evolucionou en virtude da literatura inspirada nel ata constituírse nunha verdadeira figura mítica. Á súa vez, o mito foi filtrándose con gran fortuna á arte musical, de forma que xa non é posible comprendelo sen ter en conta a visión que deste elaboraron Lorenzo Da ponte e Wolfgang Amadeus Mozart en 1787 na ópera \\\\\\\\\\\\\\\"Don Giovanni, o sia Il dissoluto punito\\\\\\\\\\\\\\\". Dúas das máis importantes manifestacións do mito no Romanticismo están baseadas na ópera mozartiana. Son o ensaio \\\\\\\\\\\\\\\"De umiddelbare erotiske Stadier eller det Musikalsk-Erotiske\\\\\\\\\\\\\\\" (Os estadios eróticos inmediatos ou o erotismo musical) do pensador danés Søren Kierkegaard (1843), e a paráfrase pianística \\\\\\\\\\\\\\\"Réminiscences de Don Juan de Mozart\\\\\\\\\\\\\\\", S. 418 do virtuoso húngaro Franz Liszt (1843). O estudo comparado destas versións xa foi realizado polo aspirante a doutorando en forma de Traballo de Fin de Máster de Artes Escénicas, dentro do Seminario de Relacións Interartísticas de la Facultad de Filología e Tradución da Universidade de Vigo, baixo a supervisión da Dr.a Carmen Becerra Suárez. Este estudo permitiu definir unha liña de investigación nova, a das obras pianísticas compostas antes de 1850 inspiradas na ópera de Mozart, en concreto as múltiples coleccións de variacións sobre o duetto \\\\\\\\\\\\\\\"Là ci darem la mano\\\\\\\\\\\\\\\" que apareceron neste período (Kalkbrenner, Chopin, Thalberg, Czerny, Alkan), e a relación entre a súa estética e a da Literatura contemporánea. Este é o primeiro campo de traballo no que se pretende desenvolver o traballo de tese. A revalorización do personaxe de Don Juan no Romanticismo parece ter tamén relación co desenvolvemento da figura do virtuoso instrumental na mesma época, e no traballo de investigación exploraranse tamén as analoxías que ditos personaxe e figura presentan.Entrada no programa:
Data da defesa: 07/05/2018
Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/988
2014-2015Palabras clave:
Romanticismo, Don Juan, virtuosismo, variacións para piano.