Filipa Raquel Veleda DelgadoTitulo:
Metodoloxías docentes innovadoras na literatura española e portuguesa no sistema de ensino superior: perspectivas comparadasDirectora:
Alexia Dotras Bravo e José Francisco Montero RegueraLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
O presente proxecto de investigación centrarase na realización dun traballo investigador e docente en literatura comparada (castelá e portuguesa) baseado no ensino de literatura para estranxeiros, xa sexan do mundo hispano ou da lusofonía. A hipótese na cal se basean os meus obxectivos principais sería demostrar que é mais fácil, suxestivo e con éxito seguro ensinar unha literatura estranxeira canónica a xoves universitarios porque estes non adoitan ter ningún coñecemento estereotipado e preconcibido sobre a mesma, polo que o meu obxectivo será entrar no canon de unha forma fresca e novidosa. Parto do presuposto, comprobado, de que non posúen ideas ou coñecementos previos sobre a literatura española, ao contrario do que acontece cos nativos lusófonos, que estudan a súa propia literatura en sistemas educativos superiores, onde unha porcentaxe elevado presenta unha predisposición negativa à devandita, debido á obrigatoriedade alén de invisibilidade; do estudo desas obras clásicas no sistema educativo primario e secundario portugués, xa que a lingua e a literatura non se imparten en materias separadas. Para iso, seleccionei un corpus literario español e portugués, que será implementado nas clases de literatura en la licenciatura de Línguas Estrangeiras: inglês/espanhol en el Instituto Politécnico de Bragança, de todos los períodos literarios desde a Idade Media até a actualidade, para o cal empregarei unha metodoloxía docente innovadora e creativa, na que serán utilizados textos, xeralmente, sen nome de autor nin procedencia en ambos os dous idiomas, xerando o “wow factor” baseado nos modelos de Rescorla e Wagner (1972) e desenvolvidos posteriormente por outros investigadores e aplicados en ámbitos culturais ou patrimoniais.Entrada no programa:
2019-2020Palabras clave:
Ensino de literatura para estranxeiros, literatura comparada