Diego Pereira PintoTitulo:
A obra narrativa de Vicente RiscoDirector:
Manuel Fernández ÁlvarezLiña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
O documento que presentamos pretende ser un achegamento á obra de Vicente Risco seguindo diferentes mecanismos para abranguer o estudo da súa produción narrativa, realizando unha análise e interpretación desta á luz da crítica da ideoloxía valéndonos da semiótica, a lingüística do texto, a narratoloxía, a psicanálise estruturalista e outros métodos de investigación literaria. A pretensión do traballo sería realizar unha proposta de conxunto desde unha óptica innovadora que procure actualizar as interpretacións e achegamentos que se teñen feito ata a actualidade do autor e da súa narrativa tanto en galego coma en castelán.Entrada no programa:
A tese contextualiza ó autor e a súa proposta literaria establecendo unha conexión teórica entre as liñas fundamentais que definen o seu pensamento literario estabelecendo un diálogo con algúns dos autores que influenciaron na conformación da súa doutrina teórica coma Oswald Spengler e a interpretación cíclica do desenvolvemento histórico das civilizacións (a decadencia de Occidente) e tamén con outros cos que amosa unha conexión aparentemente implícita, como Walter Benjamin e a súa noción da aura, concepto apropiado para entender a perspectiva nostálxica polo modelo erixido baixo os principios de organización social do Antigo Réxime que presenta na súa obra, que axudará a entender a crítica que realiza ó discurso burgués e ó capitalismo, eixes que distinguiron a creación artística e reflexiva do escritor ourensán da doutros membros da súa xeración.
04/10/2021Palabras clave:
Vicente Risco