María Jesús Leira Lugrís (UDC)Titulo:
A traxectoria de Caetano Veloso no campo cultural brasileiro da segunda metade do século XXDirector:
Prof. Dr. Francisco Salinas Portugal & Profa. Dra. María do Carme Villarino PardoLiña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
Esta tese de doutoramento pretende abordar a produción do músico e axente cultural brasileiro Caetano Veloso, a través da idea de traxectoria (Bourdieu) e desde unha perspectiva sistémica, tomando en consideración as súas diferentes tomadas de posición ao longo de máis de cinco décadas e póndoas en relación co que acontece no espazo social e nos diversos campos (cultural, literario, do poder) do seu país.Entrada no programa:
Para reconstruír a súa ampla traxectoria, teremos en conta as diferentes fontes que permitan coñecer as dinámicas dos campos literario e cultural no espazo social brasileiro no período comprendido entre 1955 e 2000.
Tendo en conta este último obxectivo e con motivo da complexidade do obxecto desta tese, priorizamos unha abordaxe de maneira ampla que atenda, dun modo exhaustivo, ás diversas perspectivas analíticas que xa enfocaran aspectos da produción ou momentos concretos da traxectoria de Veloso.
Deste modo, o proceso de pesquisa tivo como obxectivo prioritario o contacto directo coas composicións, libros, declaracións e co resto da súa produción, para coñecer e analizar a traxectoria de Caetano Veloso, fuxindo de calquera simplificación ou idealización e sen descartar ningunha interpretación ou hipótese xa asentadas sobre este produtor.
2015-2016Palabras clave:
Caetano Veloso, Brasil, século XXTraducción:
English