Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Francisco Alberto Pombo Añón (UDC)
Titulo:
As Festas Minervais compostelanas de mediados do século XX
Director:
Profa. Dra. Maria Teresa López Fernández & Prof. Dr. Xosé María Dobarro Paz
Liña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura Medieval
Resumo:
O traballo de investigación sobre as Festas Minervais compostelanas de mediados do século XX pretende cubrir un oco no estudo da historia da literatura galega recente.
Durante as décadas de 50 e 60 o Sindicato Español Universitario (SEU) de Compostela creará un concurso nacional de literatura que, desde 1956, terá tamén convocatoria en lingua galega e por onde pasarán os autores que virían a construír, desde o interior, o campo literario galego de posguerra.
O premio, con dotación económica, proxección mediática e prestixio social, servirá como estímulo para a produción literaria en língua galega a unha xeración que maioritariamente comezara a publicar en lingua castelá e nun contexto adverso.
Entrada no programa:
2015-2016
Palabras clave:
Festas Minervais, século XX, literatura galega, posguerra