Diego Rivadulla CostaTitulo:
Novela e memoria cultural: a ficcionalización do franquismo na narrativa galega (2000-2015)Director:
Carlos Paulo Martínez Pereiro (UDC)Liña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
A memoria da sublevación militar de 1936 e do franquismo tense convertido nun dos temas máis cultivados na narrativa galega dos últimos anos, no contexto de eclosión da denominada “memoria histórica” no conxunto do Estado español e dun crecente interese polo pasado traumático recente en todos os ámbitos da esfera pública. O obxectivo principal desta tese de doutoramento é estudar este fenómeno emerxente do punto de vista literario e en relación coa súa dimensión social, a través da análise exhaustiva das formas de representación do franquismo nun corpus representativo de novelas da memoria publicadas no período 2000-2015. A aproximación a estas obras de ficción desde a perspectiva dos estudos de memoria cultural permite reparar especialmente na relación entre os textos e o contexto en que se producen, polo que se ven fortemente influídos, ben como comprobar que estas prácticas literarias funcionan como medios de construción da memoria colectiva da sociedade galega do século XXI, a través das que os autores e autoras participan no debate público en torno da recuperación e xestión do pasado recente.Entrada no programa:
Data da defesa: 2019
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/24817
2014-2015Palabras clave:
Literatura galega actual, novela galega, memoria, franquismoTraducción:
English