Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutor:
Gabriel Ares Cuba (UDC)
Titulo:
El teatro de Manuel Linares Rivas ante las crisis socioeconómicas del primer tercio del siglo XX (1902-1936)
Director:
Fidel López Criado (UDC)
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
Neste traballo de investigación analizáronse 12 pezas dramáticas ao longo de toda a traxectoria literaria de Manuel Linares Rivas. O principal obxetivo é demostrar a hipótese que enmarca o autor galego dentro dunha corrente novadora e rupturista do teatro español do primeiro terzo de século. O marco teórico utilizado para realizar esta tarefa foi a sociocrítica, con especial atención ás reflexións de Jürgen Habermas. Concluiuse que o teatro de Linares Rivas amosa un compromiso social á vez que estético, o cal o aproxima a propostas dramáticas como as de Benito Pérez Galdós ou Ramón Gómez de la Serna. Se ben non representa un teatro de corte marxista, ao mesmo tempo alónxase da frivolidade e os «alfinetazos» característicos de Jacinto Benavente e a corrente inmobilista.