Ricardo Axeitos ValiñoTitulo:
Las agencias periodísticas y literarias a fines del siglo XIX: las colaboraciones de Emilia Pardo Bazán y ClarínDirector:
José María Paz Gago (UDC)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
Esta tese pretende estudar un fenómeno, ata o de agora moi pouco coñecido: a actividade dunha serie de axencias periodísticas que durante as décadas de 1880 e 1890, distribuíron á prensa local e rexional española crónicas de actualidade, contos e ilustracións. As veces, os textos estaban asinados por escritores e xornalistas prestixiados por ser colaboradores asiduos da principal prensa madrileña, e aos que os medios locais, porén, non podían contratar por eles mesmos, en razón do elevado custe das tarifas que cobraban polos seus traballos. Intentaremos, pois, analizar tamén a participación destes autores nestas axencias, centrándonos nos casos de Emilia Pardo Bazán e de Leopoldo Alas “Clarín”, que aparecen na nómina de tres destas empresas xornalísticas. Finalmente, en dous anexos, recollemos as referencias bibliográficas dos textos dos autores que colaboraron na serie de Colaboraciones inéditas da Agencia Almodóbar, ao ser esta, sen dúbida, un dos servizos mais importantes de distribución de contidos na década de 1890. O segundo, lista cronoloxicamente os textos de Pardo Bazán e Clarín, facilitados aos seus abonados polas Agencia Exprés, Española e Almodóbar, proporcionando a edición de algúns deles.Entrada no programa:
Data da defesa: 2017
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/19436
2015-2016Palabras clave:
Agencias literarias, periodismo, siglo XIX