Mónica Martín MolaresTitulo:
Estudio y edición del \"Tratado copioso y verdadero de la determinación del gran monarca Felipe II para el casamiento del III con la serenísima Margarita de Austria\"Directora:
Sagrario López Poza (UDC) e Nieves Pena Sueiro (UDC)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
Os casamentos reais celebrados durante a Idade Moderna constitúen unha fonte inesgotable de información, que se transmitiu, en boa medida, a través das relacións de sucesos. Son numerosas as testemuñas conservadas sobre tales acontecementos, sendo un dos enlaces máis relevantes do Século de Ouro, pola produción impresa que ocasionou, o matrimonio entre Felipe III e Margarida de Austria. Neste caso, o evento estivo reflectido en máis dunha vintena de relacións festivas, como as de Lope de Vega, Gaspar Aguilar ou Felipe de Gauna. Unha das relación festivas sobre ese acontecimiento é o Tratado copioso y verdadero de la determinación del gran monarca Felipe II para el casamiento del III con la serenísima Margarita de Austria. A obra, da que ofrecemos estudo e edición modernizada, achega información valiosa non só sobre os fastos que tiveron lugar en torno ao evento real, dando claves para comprender o mundo cortesán, senón tamén sobre o xénero editorial altamente demandado pola sociedade moderna: as relacións de sucesos. Esta tese vén completar o panorama da produción impresa relacionada cos casamentos de 1599, achegando novos datos sobre os participantes, os protagonistas, os festexos celebrados así como as formas de contar e publicitar o suceso.Entrada no programa:
Data da defesa: 01/04/2019
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/22493
2013-2014Palabras clave:
Relaciones de sucesos, Siglo de Oro, Felipe III, Margarita de Austria, bodas realesTraducción:
English