Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutora:
Amaya González Reyes
Titulo:
Las producciones escénicas de Mala Voadora (2003-2013)
Directora:
Carmen Becerra Suárez (UVIGO)
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
Esta tese pretende continuar o labor de investigación iniciada co Traballo de Fin de Máster co que completei os meus estudos no Máster de Artes Escénicas. Despois dun primeiro e parcial achegamento, limitado a unha das pezas teatrais da compañía portuguesa Mala Voadora, Chinoiserie, o obxectivo perseguido é ampliar o corpus e afondar no estudo das producións escénicas da compañía. A miña investigación prestará especial atención á análise do complexo emprego dos elementos propios do teatro, combinados con recursos procedentes doutras disciplinas artísticas, como as artes plásticas, a danza, a música ou o cine, mecanismo frecuentemente utilizado por esta compañía e que alcanza en cada peza significados diferentes. Procurando que a amplitude do corpus analizado non dificulte o rigor e a exhaustividade na análise de cada unha desas pezas, acoutarei o estudo a dez anos de creación, anos que, ao meu xuízo e o da crítica, comprenden as obras de máis notoria calidade na traxectoria artística de Mala Voadora.