Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Ariana García González (UDC)
Titulo:
Olvido García Valdés: poesía e poética
Director:
Luis Caparrós Esperante
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
Este proxecto de tese de doutoramento pretende ocuparse do estudo da obra da poeta asturiana Olvido García Valdés (1950). De formación filolóxica e filosófica, é autora de varios poemarios publicados desde finais do século XX até os últimos anos do presente, con galardóns como o Premio Nacional de Poesía do ano 2007. Con todo, a súa produción no se limita a este xénero, senón que conta con traballos de tipo ensaístico, artigos sobre literatura, arte e cultura, textos para catálogos de exposicións de artistas varios, conferencias, traducións e edicións.
O meu obxectivo fundamental consiste en ofrecer unha análise exhaustiva da súa produción enmarcada no xénero lírico e establecer os trazos básicos da súa poética. Para isto, tomarase como punto de partida a lectura minuciosa dos seus textos poéticos, mais tamén daqueles de carácter teórico, co fin de proporcionar as claves das súas ideas e conceptos sobre o xénero e a posta en práctica nos seus propios poemarios.
Entrada no programa:
2017-2018
Palabras clave:
Olvido García Valdés, poesía española contemporánea, poesía española dos séculos XX-XXI, poesía escrita por mulleres, grupo de Valladolid.