Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Juan Antonio Jimeno Rodríguez (UDC)
Titulo:
Miguel Casado: poesía, ensaio e polémica coa \'poesía de la experiencia\'
Director:
Luis Caparrós Esperante
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
Esta tese centrarase na figura de Miguel Casado, escritor nado en Valladolid en 1954. É autor de cinco poemarios e dunha extensa obra crítica, ademáis das traducións ao español de textos de poetas do século XIX e XX, como Rimbaud, Verlaine, ou Francis Ponge, entre outros. Foi vinculado cunha tendencia poética xunto cos poetas Miguel Suárez, Olvido García Valdés, Ildefonso Rodríguez, Concha García e Esperanza López Parada, que recibiu diferentes denominacións: \'poesía del silencio\', \'poesía metafísica\', \'poesía del conocimiento\', \'poesía del lenguaje\' ou \'grupo de Valladolid\'. Estas clasificacións débense, por unha parte, a unha relación de afinidade estética e poética, posto que os poetas asociados a esta tendencia comparten referentes poéticos (Cernuda, Valente, Gamoneda, Ullán…) e, en segundo lugar, a que estes autores participaban conxuntamente na dirección e publicación de varias revistas de poesía como Un ángel más, Los infolios ou El signo del gorrión.
Entrada no programa:
2017-2018
Palabras clave:
Miguel Casado, Poesía española contemporánea, Poesía de la experiencia, canon, polémica