Programa de Doutoramento en Estudos Literarios
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios (PDiEL) ofrece unha formación avanzada e especializada que capacita o estudantado para a investigación de alto nivel, tanto no ámbito das literaturas en lingua española, galega ou portuguesa como noutros campos das Humanidades, como as artes escénicas, a teoría da literatura ou os estudos de xénero.
Ademais, o PDiEL prepara ás persoas tituladas para contribuír á transferencia de coñecemento e á innovación social, abrindo camiños en diversos contextos profesionais e académicos.


