Seminario ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’

O luns 21 de maio de 2018 desenvolverase o Seminario de formación de posgrao ‘Interseccionalidades: Xénero e afrodescendencia’, na sala de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.  A actividade abranxe as conferencias dos profesores da Universidade de São Paulo Emerson da Cruz Inácio e Mário César Lugarinho, investigadores especializados en estudos queer, africanidades…

Convocatoria de bolsas de mobilidade (UVigo)

Está publicada a convocatoria de Bolsas de Mobilidade correspondente ao curso académico 2017-2018, cuxas bases poden consultarse na seguinte ligazón:

http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/centros/eido/20180425_Convocatoria_Mobilidade_Doutoramento.pdf

Este programa de doutoramento ofrece neste curso oito bolsas de mobilidade, cunha dotación de 250 euros cada unha.

Animamos ao alumnado a que participe desta convocatoria.