de axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan galego de investigación,
innovación e crecemento 2011-2015 para o ano 2014.
prazo para que a Universidade de Vigo presente as candidaturas na sede
electrónica da Xunta de Galicia remata o día 16 de xaneiro de 2015.
A razón deste prazo interno reside na necesidade dunha marxe suficiente
para que a introdución de datos na sede electrónica sexa posible.
Agradecemos a súa colaboración e respecto do prazo sinalado para
garantir a normalidade do procedmento de presentación da solicitude.
– Modalidade A: axudas de carácter xeral
– Modalidade B: axudas específicas para o ámbito do Campus de Excelencia Internacional “Campus Mar”
– Titulación
universitaria (licenciado/a, graduado/a ou equivalente), posterior a 1
de xaneiro de 2010 (data de superación da última materia)
– Nacionalidade dun estado membro da Unión Europea (para non comunitarios hai unha reserva por cada modalidade)
– Estar matriculados nun programa oficial de doutoramento na nosa Universidade (2014/15).
– Contar cunha nota media igual ou superior a:
– Non estar en posesión do título de doutor nin ter sido seleccionado noutra convocatoria de recursos humanos homologables
– Folla de datos (http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/rrhh/formacion_investigadores.html) en formato .doc e escaneada en pdf coa sinatura do/a candidato/a.
– Anexo IV, debidamente cuberto e asinado e escaneado en formato pdf (mesmo link)
– Copia do DNI (soamente no caso de non autorizar á Consellería á verificación de datos)
– Copia
dos certificados coas que se determinan as notas medias (isto é:
certificacións académicas emitidas pola Universidade correspondente,
tanto da titulación universitaria oficial – grao, licenciatura,
enxeñaría, etc, como dos estudos superados de máster, se é o caso))
– Declaración de equivalencia de notas medias emitida pola ANECA, para o caso de titulacións estranxeiras
– Proxecto do traballo de investigación (cos detalles que se indican na convocatoria), escaneado e en formato pdf
1. Título
obtido, na súa totalidade, nunha única universidade española (a nota
media é a reflectida ao final da certificación académica e debe indicar
que se axusta ao RD 1125/2003)
2. Título
obtido despois de superar parcialmente unha parte dos estudos nunha
universidade e o resto noutra/s, pero todas elas pertencentes ao SUG
(Sistema Universitario Galego): mesmas indicacións que no anterior caso,
a nota final aparece ao final da certificación e indica, ben que se
corresponde co establecido no RD 1125, ben consonte ao Protocolo das 3
universidades galegas
3. Título
obtido tras estudar parcialmente nunha universidade do SUG e o resto
nunha universidade española pero non SUG: estas notas medias hai que
calculalas na Universidade, sen que se deba cubrir ese dato na “folla de
datos”.