Remitimos información sobre o seminario de investigación
“Novos ollares nos estudos literarios”
organizado polo Programa Interuniversitario de Doutoramento en Estudos Literarios, o grupo ILLA e a Facultade de Filoloxía da UDC.
Desenvolverase en tres sesións no mes de abril nas salas 2.6 / Carvalho Calero, e terá unha duración total de 7,5 horas, que serán certificadas aos efectos correspondentes.
O seminario está dirixido principalmente ao persoal investigador en formación e ao estudantado de doutoramento mais aberto a todas as persoas interesadas. Quen quixer asistir e recibir o certificado de asistencia debe inscribirse enviando un correo electrónico a carme@udc.gal cos seus datos (nome completo, número do documento de identidade, correo electrónico) antes das 14 horas do día 7 de abril.
Pódese acceder ao programa en: