III Encontro de Investigación BiFeGa
A I Cátedra Internacional José Saramago e o grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo organizan o Coloquio Internacional “Unha Nova Historia dos Feminismos Ibéricos”, que terá lugar o día 13 de abril no Centro Cultural Portugués do Camões, I.P., en Vigo. A entrada é libre.
O coloquio realízase con ocasión da publicación do libro A New History of Iberian Feminisms, editado por Silvia Bermúdez e Roberta Johnson. Nel participan unha das editoras do libro e tres coautoras, dúas galegas e unha portuguesa. Pola tarde tamén haberá un pequeno recital de poesía galega e portuguesa.
Máis info aquí:
http://catedrasaramago.webs.uvigo.es/pt/blog/coloquio-internacional-uma-nova-historia-dos-feminismos-ibericos–123/
Entradas Relacionadas