O PDIEL oferece, no curso 2022-2023, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada:
ACTDOC.00198 — Formación específica en investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios (Profesor Antonio Chas Aguión).
Primeira sesión: mércores, 14 de decembro ás 16,30h na sala B59 (Pavillón B da Facultade de Filoloxía e Tradución). As seguintes sesións serán acordadas segundo a dispoñibilidade do alumnado.
Contacto do profesor: achas@uvigo.es.
ACTDOC.00338 — Hemeneútica da literatura e da tradución- teoría e práctica (Profesor Burghard Baltrusch).
Primeira sesión: xoves, 24 de novembro, ás 16h30, na A48. A asistencia a esta primeira sesión tamén pode ser via https://campusremotouvigo.gal/public/164779266
(suxeito a contacto previo co profesor). As seguintes sesións serán acordadas segundo a dispoñibilidade do alumnado. Para o alumnado da UDC existe a posibilidade de asistencia virtual ás dieferentes sesións.
Contacto do profesor: burg@uvigo.gal.
Matrícula: O alumnado da UVigo pode realizar a preinscrición a través da súa Secretaría Virtual. O alumnado da UDC pode preinscribirse enviando os seus datos (nome e apelidos, DNI, correo-e) a seccion.doutoramento@uvigo.es.