O PDIEL oferta, no curso 2024-2025, na Universidade de Vigo, dous cursos de formación de 20 horas cada.
Do 16 ata o 23 de outubro, o alumnado da UVigo matricularase a través da Secretaría Virtual de estudantes, no apartado de “Solicitudes de Actividades”, no bloque “Doutoramento RD.99/2011″.
O alumnado da UDC que desexa inscribirse, terá que contactar co profesorado por correo-e.
ACTDOC.00198 — Formación específica na investigación e publicación científica no ámbito dos estudos literarios en lingua española, galega e portuguesa (Profesor Antonio Chas Aguión). Asistencia presencial.
A data da reunión inicial é o martes, 14 de xaneiro de 2025, ás 12 horas, na sala B59 da FFT (Campus de Vigo), onde se fixará o calendario detallado das restantes sesións.
Contacto do profesor: achas@uvigo.es.
ACTDOC.00338 — Hermeneútica da literatura e da tradución — teoría e práctica (Profesor Burghard Baltrusch). Asistencia presencial ou virtual.
A data da reunión inicial é o 28 de novembro de 2024, ás 17 horas, na sala A48 da FFT (Campus de Vigo),onde se fixará o calendario detallado das restantes sesións.
A asistencia a este curso pode ser virtual a través do Campus remoto (previo contacto co profesor).
Para este curso, a matrícula pode ser realizada aínda despois do 23/10/2024.
Contacto co profesor: burg@uvigo.gal.
Programa provisional: Programa 2024-2025