O luns 2 de outubro de 2023 e ata o martes, 31 de outubro, está aberto o prazo para que o estudantado de doutoramento poida avaliar a súa satisfacción cos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
Tal e como aprobou a Comisión de Calidade da Eido, neste curso avaliarase o curso 2022/23.
Trátase de dous cuestionarios diferentes: un deles destinado ao estudantado matriculado no 1º ano de doutoramento no curso 2022/23, e o outro ao estudantado matriculado no 3º ano nese mesmo curso.
Os cuestionarios poden responderse en liña mediante unha aplicación informática de enquisas á que se accede a través dunha ligazón personalizada para cada estudante de doutoramento.
O tratamento dos datos é anónimo e confidencial. O acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario nin ao tratamento dos seus resultados.
Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse ao coordinador de calidade da Escola Internacional de Doutoramento, a través do enderezo electrónico eido.subdir@uvigo.es ou do teléfono 986 813 442.
Lembrámoslle que este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a súa colaboración dun xeito sincero e responsable.