Antía Monteagudo Alonso (UVIGO)Titulo:
Estética do cotián na poesía galega e portuguesa contemporáneaDirector:
Burghard BaltruschLiña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura MedievalResumo:
Este proxecto estuda diferentes manifestacións onde as experiencias da nosa vida diaria e as manifestacións poéticas se mesturan. O traballo divídese en dúas partes: durante a primeira, reflexionarase sobre o concepto de poesía do cotián e sobre de que forma o cambio de contexto sociopolítico influíu sobre esta nova concepción literaria. Na segunda parte, estudarase unha selección representativa de diferentes manifestacións literarias, así como os seus autores/as principais. Neste segundo bloque, xunto á análise das principais liñas temáticas, realizarase o estudo de caso de obras de varios autores e autoras que ilustran estes motivos. Para crear un corpus de traballo, seleccionaranse artistas que, desde a chegada da democracia ao mundo portugués e galego, desenvolvesen unha produción que inclúa as súas actividades diarias como forma de obter unha experiencia estética. Entre as persoas susceptibles de análises específicas -e que aínda non foron estudadas dunha forma sistemática desde a perspectiva dunha estética do cotiá- estarían por exemplo os seguintes: Ana Luísa Amaral, Manuel de Freitas, Lupe Gómez, Ana Hatherly, Adília Lopes, Lois Pereiro, Alfonso Pexegueiro, Alberto Pimenta, Antón Reixa, José Saramago ou Iolanda Zúñiga.Entrada no programa:
2017-2018Palabras clave:
poesía portuguesa actual, estética do cotián, poesía galega actual, poesía política, posmodernismoTraducción:
English