O grupo de investigación BiFeGa e varias/os doutorandas/os organizan en breve un Encontro de Investigación na FFT-UVigo, ao longo dos días 14-15 de outubro de 2024.
Convidamos a todo o alumnado do PDIEL a participar e ofrecemos a quen teña de deslocarse dende fóra de Vigo unha eventual axuda de custo e aloxamento (neste caso, é imprescindible que nos contactedes até o día 7/10/2024, antes das 12h, a través de mplatas@uvigo.gal ou burg@uvigo.gal).
O Encontro inclúe 3 sesións informais para promover un diálogo sobre proxectos de teses en curso e para traballo participativo sobre textos breves escritos nos diferentes proxectos de investigación.
Tamén inclúe un seminario aberto (2 sesións) sobre “A teatralidade e a escrita contemporáneas como procesos de descolonización“, dirixido por Sara Guerrero e Rodrigo Herrera Alfaya.
A maiores, ofrécense aínda 3 actividades específicas:
- “Surrealismo e contracultura na transición española: Blanca Andreu e Xela Arias” (Noemí Garrido Aniorte)
- “Feminismos interseccionais: raza, xénero e clase na literatura anglófona contemporánea” (Sara Tabuyo Santaclara, Alba Zels Garrido e Iago Rodríguez Diéguez)
- Un obradoiro sobre “Animalidade na poesia de mulheres portuguesas contemporâneas” (Helena I. Lopes).
No anexo encóntrase o programa provisorio (Programa III Encontro Investigación BiFeGa_v01).
En breve completarase a información.