Acceso e Admisión

De forma xeral, a Comisión académica do Programa de Doutoramento (CAPD) avaliará as solicitudes presentadas da seguinte forma:

1. Expediente académico de licenciatura ou grao (50%).

2. Curriculum vitae (30%).

3. Memoria explicativa dos motivos da candidata/o para unha incorporación neste PD e esbozo dun proxecto de tese (20%).

4. Valoraríase de forma positiva se a candidatura viñese avalada por un/ha profesor/a do PDIEL, xunto co seu compromiso de titorizar e/ou dirixir o proxecto en caso de que a solicitude fose admitida.

A CAPD podrá realizar entrevistas coas candidatas/os para esclarecer e ponderar de xeito adecuado os méritos e motivos alegados.

A oferta de prazas do PDIEL por ano é de 12 prazas na UDC e de 10 prazas na UVIGO.

OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE

A Memoria vixente do PDIEL establece un perfil de ingreso axustado aos obxectivos de formación do programa (apartado 3.2.2. Admisión en los estudios de Doctorado en Estudios Literarios, pp. 9-10):

A pesar de estar orientado a persoas oriundas de licenciaturas, graos ou mestrados que inclúen Estudos Literarios en español, galego ou portugués, o programa admite por afinidade a rama de Artes e Humanidades, sen establecer ningunha diferenciación ou prioridade.

En caso de candidaturas procedentes dos mestrados de carácter literario que organizan a UDC, a UVIGO ou outras universidades, a Memoria prevé unha admisión automática (sempre que se cumpran os requisitos indicados pola CAPD, cf. infra), sen necesidade de complementos de formación.

Complementos de formación: En casos de candidaturas de alumnado procedente de mestrados ou DEAs que non inclúan estudos literarios, a CAPD establecerá en función de cada CV e proxecto de tese a realización de actividades formativas: dende un mínimo de 9 até un máximo de 15 créditos. Esta formación terá de ser realizada nos graos ou mestrados de estudos literarios, particularmente aqueles relacionados coas literaturas en lingua castelá, galega e portuguesa, que estean vixentes na UVigo e na UDC, sempre contando coa autorización expresa da Comisión Académica.

Cómpre ter presente que ter realizado un mestrado é o requisito imprescindíbel para poder ser admitido no PDIEL (véxanse os Criterios de Acceso e Admisión no anexo).

Matrícula

Os procedementos e calendarios de matrícula teñen lixeiras diferenzas en cada unha das dúas universidade. Por iso é importante que as persoas interesadas se informen sobre os procesos específicos na universidade da súa preferencia:

  • Na UVIGO, o calendario de “preinscrición e matrícula” está dispoñíbel AQUÍ. As persoas interesadas poden realizar a preinscrición durante o prazo previsto polo calendario a través desta ligazón: AUTOMATRÍCULA NOVO ALUMNADO.
  • Na UDC, o calendario de “admisión e matrícula” está dispoñíbel AQUÍ. Durante o prazo previsto polo calendario, o estudantado da UDC pode solicitar a admisión a través da SECRETARÍA VIRTUAL, mentres que o estudantado proveniente doutras universidades debe facelo a través da LIGAZÓN PARA ALUMNADO EXTERNO.
logo_universidade_coruna

Matrícula na Universidade da Coruña:

logo_universidad_vigo

Matrícula na Universidade de Vigo: