Hoxe, a Escola Internacional de Doutoramento (EIDO), publica no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo, o novo Regulamento de Estudos de Doutoramento, aprobado en Consello de Goberno do 20 de xuño de 2024.
Este regulamento entrará en vigor o 1 de outubro de 2024.
Ás doutorandas e ós doutorandos que iniciaran estudos de doutoramento antes do curso 2023/2024 lles serán de aplicación as disposicións reguladoras do doutoramento vixentes no momento do inicio de ditos estudos. Non obstante, o réxime relativo a tribunal, defensa e avaliación da tese de doutoramento prevista polo presente regulamento será aplicable a ditos estudantes a partir do curso académico 2024/2025.
Polo tanto, a obrigatoriedade de ter dous informes externos da tese, recollido no artigo 36 do presente Regulamento será aplicable a todo o estudantado de doutoramento a partir do curso académico 2024/25, en consonancia ao disposto na disposición transitoria primeira do Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo.
Tamén informamos que estamos traballando para que na web da EIDO, este documento se publique ademáis da versión en galego, a de español e inglés.
Pódese consultar este documento na seguinte ligazón: