Mina ShayanTitulo:
A representación das mulleres orientais na narrativa española das últimas décadasDirectora:
Beatriz Suárez BrionesLiña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
En base ás propostas teóricas da crítica literaria feminista, orientalismo, poscolonialismo e teorías de xénero e sexualidade, esta investigación propón como obxectivo fundamental a análise das formas de representación das mulleres orientais na narrativa española das últimas décadas .Entrada no programa:
A propia delimitación do corpus de referencia pode ser considerado un dos obxectivos específicos do traballo e estará constituído por textos narrativos, aínda que se farán as incursións necesarias (de consideralo así) tanto noutros xéneros literarios ou textos xornalísticos como artísticos (cine, pintura).
Para desenvolver o foco da investigación, abordarase unha serie de cuestións relacionadas co territorio da identidade nas súas múltiples dimensións, tratándose conceptos referidos a mitos, estereotipos, corpo, razón, sexualidade, erotismo, exotismo, beleza, relixión, así como, en relación con todos eles, cuestións como a presentación e vitimización dentro do espazo da ideoloxía patriarcal. Ademais, será preciso contemplar as liñas xerais da situación socio-cultural e política do país de orixe dos personaxes do corpus elixido.
Dado o período cronolóxico seleccionado, as últimas décadas, interesará tamén dar conta dos cambios nos modos de construción dos personaxes femininos en relación non só ao proceso histórico literario, pero tamén aos procesos políticos, sociais e culturais españois e a influencia das representacións literarias de mulleres orientais na formación da opinión pública con respecto delas.
2015-2016Palabras clave:
Muller oriental, narrativa española, orientalismo, poscolonialismo