Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutora:
Hermitas Cabaleiro Soutullo
Titulo:
Entremeses de novela: o caso do Quixote
Director:
José Francisco Montero Reguera
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
A paixón de Cervantes polo teatro reflíctese non só na composición específica dun bo número de pezas, senon que esténdese á incorporación dentro das súas novelas de escenas ou capítulos, que polo seu contonorno ou as suas características, poden ser considerados entremeses insertados ou, polo menos, concibidos baixo a poética de entremés. Eu entendo como tal, fragmentos narrativos que poden ser individualizados do conxunto e que permiten ser levados tomadas as táboas paraa súa representación, como acontece en capítulos do Quixote que estou analizando. Trátanse de textos baseados na cultura popular e que teñen as súas raíces no entroido. Por esta razón, están cargados de humor, parodia, ironía e, en moitos casos, conteñen unha mensaxe crítica. Personaxes prototipos, como o enganador e o bobo, os seus xestos e linguaxe esaxerados tamén pasan o Quixote.