Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Leonardo Blanco Novoa
Titulo:
Literatura e música. O mito de Carmen
Directora:
María del Carmen Becerra Suárez
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
A personaxe de Carmen, cuxa creación se debe a Prosper Mérimée (1847), foi popularizada pola adaptación operística de Georges Bizet, publicada en 1875.
Carmen representa nestes traballos a concepción da muller como principio do mal, que caracteriza a tradición xudeu-cristiá e renova e consolida o arquetipo da \"Femme Fatale\". Esta consolidación podería ser o resultado, entre outras causas, da estreita conexión entre unha personaxe e un instrumento musical.
Co obxectivo de demostralo, analizaremos a orixe e desenvolvemento desde mito para, nunha segunda fase, estudar a relación fundamental entre o mito de Carmen e o violín (instrumento que ten unha gran identificación co universo feminino) a través do estudo de fantasías para violín solista escritas, así como de obras orquestales e escénicas.