José Luis Villar PiñeiroTitulo:
Caracterización de las crónicas de Indias de las órdenes religiosas en la América virreinal (siglos XVI y XVII)Directora:
Sagrario López Poza (UDC)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
As crónicas de Indias constitúen un corpus textual de primeira importancia tanto para a Historia en xeral como para a Historia da Literatura e iso por razóns tan diversas como a grande cantidade de textos existentes, a relevancia histórica e literaria dalgúns cronistas, o grande caudal informativo que nos aportan e que cobre a práctica totalidade das ramas do coñecemento existentes na época ou, en contraposición a este último trazo, a existencia nelas de elementos de fantasía e de pasaxes de beleza literaria saídos das plumas de autores conscientes da dúa valía artística, o que non impide, finalmente, que a súa primeira intención sexa burocrática e, con frecuencia, política. Dentro do corpus cronistico e á marxe das grandes figuras, topamos cunha serie de textos do século XVI e, sobre todo, do XVII, compostos por frades, que son bastante máis descoñecidos para o público en xeral e que espertan moito menos interese entre os estudosos. Deles ocúpase esta tese, na que se enumeran os trazos constitutivos da poética da cronistica relixiosa virreinal, se esboza una diacronia para amosar a evolución desa cronística entre os séculos XVI e XVII e se poñen de relevo os elementos distintivos detectados na plasmación do xénero entre as ordes relixiosas estudadas.Entrada no programa:
Data da defesa: 09/07/2019
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/23510
2015-2016Palabras clave:
Crónicas de Indias