Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutora:
Lucila González Alfaya
Titulo:
La obra poética de Diego López de Haro: edición y estudio
Director:
Antonio Chas Aguión (UDC)
Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparada
Resumo:
O proxecto de tese ten como obxectivo preparar a edición crítica da obra poética de Diego López de Haro, poeta cancioneril e cortesano ó servicio dos Reis Católicos. O corpus poético do autor consta dunhas corenta obras coñecidas, recollidas en distintas fontes, impresas e manuscritas. Para llevar a cabo a edición é preciso atender a varios aspectos. Por unha parte, esbozar un perfil biográfico do autor, que preste atención a tódalas facetas da súa vida: a cortesana e literaria, pero tamén a militar e burocrática. Por outro lado, é imprescindible llevar a cabo a localización e estudio das fontes, que neste caso serán tanto impresas como manuscritas, coas peculiaridades que presenta cada unha. Localizadas as fontes é preciso transcribir os textos para poder preceder á colación, requisito fundamental para a elaboración da edición crítica. Por último, ademáis de fixar los textos, é indispensable levar a cabo un estudo da poética do autor, é dicir, os temas, xéneros, recursos retóricos, contexto poético e transmisión textual, información que deberá acompañar á edición.