Gabriela Rivera RodríguezTitulo:
Carnaval y dictadura. Los mecanismos de elusión a la censuraDirectora:
Carmen Luna Sellés (UVIGO)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
O proxecto centrarase no estudo das letras do entroido uruguaio entre os anos 1973 e 1985, especialmente na categoría de Murgas. Este período correspóndese co establecemento dunha ditadura militar no país, polo que o contido das mensaxes estivo fortemente condicionado. A miña intención é, pois, analizar estas letras para detectar a crítica política presente e os mecanismos empregados para evadir a censura imposta polo goberno. Por outra banda, este proxecto abranguerá diferentes ámbitos, xa que para a súa comprensión global non poderá centrarse exclusivamente no aspecto literario. Deste modo, un estudo do momento histórico, social e político, á vez que cultural será imprescindible. Ademáis, a profundización nos textos levará consigo unha análise lingüística, dada a gran presencia de léxico lunfardo no entroido uruguaio como recurso para evadir a censura. A proposta engloba, pois, estudos de diversa índole cuxo obxectivo será afondar na literatura do momento para así cumplir a súa principal finalidade: dar a coñecer este tema aínda tan pouco estudado da literatura hispanoamericana, tanto polo momento histórico no que se enmarca como pola condición de xénero fronterizo, entre literatura e música, característico das manifestacións do entroido.Entrada no programa:
Data da defesa: 21/01/2020
Acceso: https://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/1435
2014-2015Palabras clave:
Murga, carnaval, Uruguay, dictaduraTraducción:
English