Sonia Rico AlonsoTitulo:
La obra literaria de Juan Emar: propuesta estética y arquitectura del textoDirectora:
Eva Valcárcel García (UDC)Liña de investigación:
Literatura en lengua española y literatura comparadaResumo:
A produción literaria do prosista chileno Juan Emar (1893-1964) constitúe un exercicio de vangarda pleno, no que se conxugan a busca constante de respostas sobre o funcionamento do universo, a existencia e a identidade propia co emprego de técnicas innovadoras e unha concepción da creación que desborda calquera norma e limitación. O obxectivo deste estudo consiste en revelar a produción de Emar como unha manifestación de prosa de vangarda orixinal, polo medio dunha análise profunda e exhaustiva da súa obra, tomando como fonte principal os seus cadernos de mocidade, as súas obras publicadas nos anos 30 e, por último, a súa obra magna Umbral. Fundamentaremos o estudo coa produción crítica sobre Juan Emar e con determinadas teorías narratolóxicas e filosóficas contemporáneas que permiten desvelar a obra do autor como unha manifestación artística propia da modernidade, na que destacan a coherencia do seu proxecto artístico-vital, concibido desde a adolescencia, e a constancia ao desenvolvelo até o momento do seu falecemento. Deste xeito, a obra de Juan Emar confórmase como una arquitectura, composta por todos os seus escritos, que funciona como refuxio do seu autor e substituto da vida.Entrada no programa:
Data da defesa: 2018
Acceso: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/20816
2013-2014Palabras clave:
Juan Emar, vanguardia, intertextualidad, reescritura