Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios
Universidade de Vigo
Doutorando:
Xosé Alberte Alonso Carballeira (UVIGO)
Titulo:
Teorías do xogo e práctica da interpretación no teatro. Un estudo fenomenolóxico do xogo do actor a partir da obra de Jacques Henriot
Director:
Carmen Becerra Suárez
Liña de investigación:
Literaturas e Culturas Galega e Portuguesa e Literatura Medieval
Resumo:
Na realidade semántica que define a lingua galega, o actor interpreta ou actúa, pero non xoga. Non obstante, vemos que a lingua francesa ou a inglesa abren unha fenda de significado que permite que nos preguntemos polas causas dese parentesco semántico, un convite a analizar ámbolos dous fenómenos, o do xogo e o da interpretación, de forma conxunta, coa firme vontade de esclarecer a fenomenoloxía do xogo e que o noso idioma lle recoñeza á interpretación teatral a súa condición de xogo.
Neste traballo estableceremos o feito do xogar teatral, entendido como aquilo que fai o que xoga en escena. Buscaremos outras maneiras de formular o fenómeno da interpretación teatral, á procura de estruturas comúns, de pontes coas teorías do xogo, especialmente coa formulada por Jacques Henriot.
Por último, tentaremos poñer eses resultados ao servizo da pedagoxía, para encontrar ferramentas útiles na práctica de preparación dos actores e propoñer solucións para a utilización do xogo na formación ás artes escénicas, formulando estratexias que tomen camiños distintos que complementen os xa empregados na actualidade.
Entrada no programa:
2016-2017
Palabras clave:
xogo, teatro, interpretación, actor, Jacques Henriot