O Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura organiza o Congreso Internacional Lingua e Violencia: mediacións literarias na era do antropoceno en colaboración co grupo de investigación ELICIN da Universidade de Vigo, o grupo de investigación Discourse and Identity da Universidade de Santiago de Compostela e o proxecto Language Acts and Wordmaking do King’s College London.
O congreso, que se celebra do 16 ao 17 de xaneiro, consta de diferentes ponencias, mesas redondas e presentacións que abordan temas como a representación da violencia na literatura, no cinema, na música e no teatro. Nas sesións tamén se tratan cuestións como as implicacións na ensinanza, proxectos editoriais alternativos e outras achegas máis filosóficas, tocando temas como a relixión e a política en galego, castelán, inglés e portugués.
As conferencias plenarias corren a cargo de Patricio Pron, escritor e premio Alfaguara de 2019, e a poeta irlandesa Lorna Shaughnessy. PROGRAMA PROVISIONAL xoves 16 PROGRAMA PROVISIONAL venres 17